Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA NO CONCELLO DE AMOEIRO

16 Mar 2017

Trátase dun posto temporal de chófer de tractor rozadora

O concello de Amoeiro fai público no BOP do 16 de marzo o anuncio do proceso de contratación de 1 condutor/a de tractor rozadora. Trátase dunha praza de condutor/a de tractor-rozadora para a campaña de prevención de incendios forestais 2017, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado (ata o 31 de decembro de 2017). A presentación de solicitudes farase  no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O prazo de presentación será durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no taboleiro de edictos do concello. Os requisitos son ter 18 anos cumpridos, estar en posesión do carné de conducir clase B, como mínimo, xunto cos demais sinalados nas bases reguladoras aprobadas por decreto de alcaldía do 13/03/2017, e que están a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e na páxina web: www.amoeiro.gal. A documentación consistirá nunha instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos antes expostos e dos méritos que se desexen alegar. Os criterios de selección estarán dacordo coas bases obrantes nas oficinas do concello a disposición dos/as interesados/as, que sepublicarán xunto con esta convocatoria no taboleiro de edictos e na páxina web do concello.

Volver