OFERTA DUNHA PRAZA DE SOCORRISTA NO CONCELLO DE PORQUEIRA
É un contrato de dous meses
O concello de Porqueira fai unha nova convocatoria para unha praza de socorrista en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 03/06/2016. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será de 2 meses, sendo o salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) 1.382,09 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP (7/06/16), no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do Concello de Porqueira (Estrada de Xinzo a Bande, n.º 4, Forxa, Porqueira).

