Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL FIXO NO CONCELLO DA MERCA

01 Mar 2017

É para a limpeza de edificios municipais e instalacións públicas

O concello da Merca, por resolución da alcaldía con data 7 de febreiro de 2017, aprobou a convocatoria dunha praza, denominada “operari@ de limpeza”, en réxime laboral, polo sistema de oposición.

Bases para a selección de persoal laboral fixo, para cubrir unha praza vacante no persoal laboral do concello da Merca de limpeza de edificios municipais e instalacións públicas.
Primeira.- Denominación e características da praza convocada e sistema de selección.
É obxecto desta convocatoria o establecemento das bases que desenvolven o proceso selectivo para a provisión dunha praza do persoal municipal de persoal laboral fixo de limpeza de edificios municipais e instalacións públicas, incluída na oferta de emprego público para 2016, aprobada por decreto da alcaldía con data 22 de decembro de 2016, publicada no DOG n.º 9, con data 13 de xaneiro de 2017.
Segunda.- Requisitos que deben de cumprir os aspirantes.
Para seren admitidos á convocatoria, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos ao último día do prazo de presentación de instancias:
1.- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto para o acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
2.- Ter cumpridos 16 anos de idade.
3.- Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente ou en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias.
4.- Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme.
5.- Non atoparse incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
6.- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións, acreditada
a dita circunstancia mediante certificado médico, expedido por facultativo colexiado.
7.- Os demais requisitos que sinalen os anexos incorporados a estas bases.
Terceira.- Publicidade da presente convocatoria.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provinciade Ourense, taboleiro de anuncios do concello da Merca e na  páxina web do Concello da Merca. A convocatoria será publicada no BOE e no DOG, determinando esta publicación a apertura do prazo de presentación de instancias para concorrer no proceso selectivo.
Cuarta.-Solicitudes: forma e prazo de presentación de instancias
As instancias para participar na convocatoria dirixiranse ao alcalde do concello da Merca e efectuaranse no modelo anexo II, incluído nas presentes bases, ou na páxina www.amerca.gal, debendo manifestar que cumpren todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria. Deberanse achegar fotocopias compulsadas dos documentos que acrediten que efectivamente se cumpren os requisitos seguintes: 1. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade. 2. Fotocopia compulsada do título académico ou do resgardo de aboar os dereitos para a súa expedición. O requisito dos puntos 4, 5 e 6 da base segunda, prestarase na propia solicitude de participación mediante declaración xurada, aínda que para o apartado 6 e unha vez terminadas as probas os aspirantes seleccionados, o concello da Merca, previamente á sinatura do correspondente contrato, poderá establecer que a/o aspirante seleccionada/ou deberá someterse a un recoñecemento médico polos servizos que se lle designen polo concello da Merca a fin de comprobar que a/o mesma/ou non padece enfermidade ou defecto físico ningún que lle impida o desempeño das funcións correspondentes á praza para a que foi proposta/o. Para ser admitido/a será suficiente, ademais da instancia, achegar o aboamento dos dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 10,00 €. O aboamento deberá efectuarse na conta que ten aberta esta Corporación, E47-2080-5316-1231-1000-4081. Os dereitos de exame serán devoltos, unicamente, previa petición do/a interesado/a, no caso de ser excluído/a do proceso, por falta dalgún dos requisitos esixidos para participar nel. En ningún caso, a mera presentación da acreditación do pago da taxa suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación de acordo co disposto na convocatoria. As instancias coa documentación necesaria deben presentarse no rexistro xeral de entrada do concello, ou na forma quedetermina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial de Galicia. A convocatoria e as súas bases publicaranse integramente no Boletín Oficial da Provincia. Se concorresen aspirantes con algunha discapacidade igual ou superior ao 33% e necesitasen adaptación de tempos e/ou medios deberán indicalo na solicitude, acompañando certificación ou información adicional expedido pola Administración Pública competente, a fin de que o órgano de selección poida dar cumprimento ao disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, que regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.
Quinta.- Admisión dos aspirantes.
Expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución pola que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. A resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello da Merca e páxina web do Concello da Merca, con expresión do prazo de subordinación de erros que se concede aos aspirantes excluídos e do prazo concedido para os efectos de formular recusacións e determinando lugar e data da celebración da primeira proba da oposición e orde de execución desta. Nesta resolución indicarase o nome dos compoñentes do tribunal. Esta publicación será determinante para os efectos de posibles impugnacións ou recursos. Serán emendables os erros de feito, sinalados no art. 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como son os datos persoais do/a interesado/a, lugar sinalado para os efectos de notificacións, data, sinatura ou órgano ao que se dirixe. Non será emendable, por afectar o contido esencial da propia solicitude do sistema selectivo, ao prazo de caducidade ou á carencia de actuacións esenciais: - Non facer constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos de capacidade esixidos nas bases. Presentar a solicitude de forma extemporánea, xa sexa antes ou despois do prazo correspondente. A falta de pago dos dereitos de exame
ou o pago parcial destes. Resoltas as reclamacións e emendas, a autoridade convocante elevará a definitivas as listas de admitidos/as e excluídos/as mediante resolución que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e o taboleiro de anuncios do concello. Nesta resolución indicarase a data, lugar e hora de comezodo primeiro exercicio. A publicación da devandita resolución será determinante dos prazos a efectos de posibles impugnacións ou recursos. No caso de que non existiren reclamacións contra a lista publicada, entenderase elevada a definitiva sen a necesidade de nova publicación. Contra a resolución aprobatoria da lista definitiva poderán os/as interesados/as interpor un recurso contencioso-administrativo, nos termos da vixente Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, previo, se é o caso, o recurso potestativo de reposición previsto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sexta.-Tribunal cualificador.
O tribunal cualificador estará constituído polo seu presidente e tres vogais, funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo da administración, actuando como secretario, o da Corporación ou funcionario en quen delegue. Os membros do tribunal deberán posuír unha titulación igual ou superior á requirida para a praza convocada, respectivamente, na mesma área de coñecementos específicos, e deberán pertencer ao mesmo grupo ou grupos
superiores. Os tribunais non poderán constituírse nin actuar sen a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, sendo necesaria a presenza do presidente e do secretario do tribunal. O tribunal poderá requirir, en calquera momento, ao candidato, para que acredite a súa personalidade. Igualmente o tribunal queda autorizado para resolver as incidencias que se produzan. O presidente do tribunal, ademais de dirixir a acción do tribunal, coordinará a realización das probas. O tribunal cualificador terá a categoría do grupo de clasificación que por equiparación corresponda á praza.
Sétima.- Probas selectivas e forma de cualificación.
As probas selectivas a celebrar e os seus programas recóllense nesta convocatoria nos anexos correspondentes. As cualificacións de cada exercicio faranse públicas o mesmo día en que se acorden e serán expostas no taboleiro de anuncios do concello, publicándose exclusivamente a relación de aspirantes que superen o devandito exercicio. A cualificación final da oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nosdistintos exercicios. Para superar as probas selectivas será necesario superar a fase de oposición coa puntuación mínima esixida, sendo proposto polo tribunal o aspirante que mellor puntuación obteña. As preguntas en branco non puntuasen.
Oitava.- Exercicios: fase da oposición.
Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.Consistirá en contestar por escrito nun período máximo de 45 minutos, 20 preguntas tipo test, con respostas alternativas,relacionadas co programa que figura no anexo I das presentes bases. Cada pregunta terá 4 respostas alternativas, das que só 1 será correcta. As preguntas contestadas erroneamente suporán unha penalización de 0,017 puntos por pregunta. Para superar este exercicio será necesario acertar polo menos 10 preguntas,que equivalerán a unha nota aritmética de 5 puntos.
Segundo exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Para realizar este exercicio requírese aprobar o exercicio anterior. Este exercicio consiste na realización dunha proba práctica, de 15 minutos, que versará sobre cuestións relacionadas cotemario oficial da oposición nas materias específicas (Anexo I). Valorarase a práctica e a habilidade do aspirante conxuntamente cos coñecementos que demostre. Puntuarase cun máximo de 10 puntos. Para superar este exercicio requírese unha nota mínima de 5 puntos.
Terceiro exercicio.- De carácter obrigatorio para todos os aspirantes fóra dos que teñan acreditado o titulo Celga 4 ou equivalente.
Novena.- Presentación de documentos e formalización de contratos de traballo.
O aspirante proposto para a formalización do contrato de traballo achegará ante a Corporación, no caso de que sexa requirido, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos de reunir as condicións de capacidade e requisitos esixidosnesta convocatoria e que son os establecidos no apartado cuarto destas bases. Cumpridos os requisitos precedentes, o órgano competente efectuará a proposta de contratación do aspirante proposto, quen deberán formalizar o seu contrato de traballo
no prazo de dez días contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada a proposta de contratación, que será contratado como persoal laboral fixo.
Décima.- Lexislación aplicable
A realización das probas selectivas suxeitarase, en todo o non expresamente previsto nas presentes bases, ao dereito básico contido na Lei 30/84, as normas da Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; o RD 896/1991, do 7 de xuño; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e, supletoriamente, polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado. Bolsa de traballo. Elaboraranse e aprobarán por parte do concello da Merca bolsa de traballo, a resultas das cualificacións obtidas en cada o proceso selectivo contemplado nas presentesbases. Sen prexuízo das posteriores resolucións de Alcaldía-Presidencia relativas á formación das bolsas de traballo,será requisito necesario pero non suficiente para acceder a estas o realizar o primeiro exercicio do proceso selectivo, e acertar polo menos 11 das 20 preguntas das que se compón iste.
Anexo I
Materias do programa
Primeira parte: materias comúns.
Tema 1.- Órganos de goberno municipais. O alcalde. Os tenentes de alcalde e concelleiros.
Tema 2.- O concello Pleno: integración e funcións. A Xunta de Goberno Local. A Comisión Especial de Contas. Órganos complementarios.
Tema 3.- As competencias municipais.
Tema 4.- O municipio: concepto e elementos. Servizos mínimos municipais.
Segunda parte. Materias específicas Tema 1.- Produtos de limpeza. Toxicidade. Utensilios e maquinarias de limpeza. Tema 2.- Limpeza integral en centros de traballo: chans, teitos, paredes,cristais, escaleiras, materiais decorativos, sanitarios. Tema 3.- Elementos mecánicos e auxiliares. Colectores. Papeleiras. Equipo recolector-compactador. Varredoras. Equipo de rega. Equipo de saneamento impulsión absorción. Escobas. Carros porta-cubos. Tema 4.- Medidas preventivas cos produtos de limpeza no seu uso e almacenamento de face ao traballador
e ao usuario. Medidas de seguridade máis importantes.
Anexo II
Solicitude de admisión a probas selectivas
1. Praza á que aspira:
2. Convocatoria:
3. Datos persoais:
Apelidos: ... Nome: ... Data nacemento: ... NIF: ... Domicilio:
... Municipio: ... Provincia: ... Código postal: ... Teléfonos: ...
4. Formación (titulación): ...
5. Documentación que se adxunta:
Fotocopia do DNI.
Fotocopia titulación académica.
Xustificante de pago da taxa por dereitos de exame
O abaixo asinante solicita ser admitido/a ás probas selectivasás que se refire a presente instancia e declara que son certos os datos contidos nela e que reúne as condicións sinaladas na convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude. Así mesmo, presta declaración xurada de non ser separada/ou, mediante expediente disciplinario da Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas

Volver