Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE MESTR@ NO CONCELLO DO CARBALLIÑO

14 Nov 2016

Trátase dun posto para persoal laboral temporal

O concello do Carballiño fai público no BOP do luns 14 de novembro o anuncio que ten como obxecto a contratación dun/ha técnico/a titulado/a en Maxisterio- Plan de educación e apoio familiar (persoal laboral temporal). A denominación do posto é  "Técnic@ titulad@ en Maxisterio para o Plan de educación e apoio familiar". Ofertan contrato de obra ou servizo determinado, cunha duración aproximada de 4 meses—máximo ata o
31.03.2017, a xornada completa (37,5 horas/semana). Os requisitos a cumplir son:
• Titulación: título de diplomad@ en Maxisterio e/ou Grao en Maxisterio ou equivalente.
• Ademais dos requisitos sinalados neste anuncio, deberán cumprirse os demais que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo. O procedemento selección será por concurso de méritos, e as taxas a aboar 16,20 €. O prazo de presentación de instancias é 5 días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (14/11/16). Se a instancia se presentase nun rexistro distinto do rexistro xeral do concello (ao abeiro do artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, será obrigatorio comunicar por fax ao concello a presentación desta instancia, así como xustificación do pagamento das taxas efectuado, comunicación que deberá realizarse dentro do prazo anteriormente sinalados.) O número de fax do Concello é 988 530 008. A comunicación do fax deberá dirixirse ao alcalde ou á secretaría. O resto da información pode consultarse nas bases do proceso selectivo, publicadas no taboleiro de anuncios do concello e/ou na páxina web do concello: www.carballino.org

Volver