OFERTA DUNHA PRAZA DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DOS BLANCOS
Trátase dun contrato temporal a tempo parcial
O concello dos Blancos, por resolución de alcaldía de data 8 de maio de 2017, aprobou as bases reguladoras que han de rexer a convocatoria do proceso de selección para cubrir a praza de limpador/a, en réxime de persoal laboral, mediante o sistema de concursooposición, e posterior constitución de bolsa de traballo.
A selección será mediante concurso-oposición de 1 praza de limpador/a, en réxime de persoal laboral temporal, así como a creación dunha bolsa de traballo co fin de cubrir de maneira rápida e áxil a dita praza cando esta puidese quedar vacante temporalmente como consecuencia de baixas por enfermidade, maternidade, ou situacións análogas.
Se queres ver as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

