OFERTA DUNHA PRAZA DE INFORMADOR/A XUVENIL NO CONCELLO DE RIOS
Cubrirá unha praza vacante no cadro de persoal funcionario do concello
Unha vez vista a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0054 do día 10/02/2022, pola que se rectifica o error material advertido na resolución 2022-0041, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir a seguinte praza: denominación informador xuvenil, grupo C2, escala administración, subescala de auxiliar para o concello de Riós, mediante sistema de concurso-oposición, publícase o seguinte anuncio de rectificación e ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do extracto deste anuncio no Boletín Oficial do Estado. As bases reguladoras que rexerán a convocatoria son as seguintes: «Convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Riós, incluída na oferta de emprego público do ano 2020 e publicada no DOG núm. 190 do venres, 18 de setembro de 2020 que se rexerá polas seguintes bases.
Descarrega as bases abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

