OFERTA DUNHA PRAZA DE CONSERXE NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
Traballará no colexio público "Bibei"
O concello de Viana do Bolo fai público no BOP do 21 de marzo, mediante resolución da alcaldía con data 15 de marzo de 2018, a aprobación das bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición, da selección dun/unha conserxe para o colexio público “Bibei” de Viana do Bolo. É obxecto da convocatoria e regulación da convocatoria, mediante un procedemento áxil que respecte en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, con destino á contratación de persoal laboral temporal non permanente a tempo completo dun/dunha conserxe para a cobertura das necesidades temporais ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo, debido á necesidade de substitución do titular do posto por motivo da excedencia voluntaria autorizada. As bases da convocatoria estarán expostas ao público e á disposicióndas persoas interesadas nas oficinas municipais sitas en rúa Constitución, n.º 14, de Viana do Bolo, teléfono 988 340 120 e na páxina web municipal www.vianadobolo.es . O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles e contarase a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello e na páxina web.

