Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHÓFER NO CONCELLO DA BOLA

31 Mai 2017

Adicarase ao transporte social e de persoas con mobilidade reducida

O concello da Bola, por resolución da alcaldesa, de data 25 de maio do 2017, aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para transporte social e de persoas con mobilidade reducida. A duración do contrato irá deica o 31/12/2017. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes deberase facer nos tres días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (31/5/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver