OFERTA DUNHA PRAZA DE CHÓFER NO CONCELLO DA BOLA
Fara labouras de transporte social e de persoas con mobilidade reducida
Publícase no BOP do 7 de xuño a resolución do concello da Bola, de data 25 de maio do 2018, sobre a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para transporte social e de persoas con mobilidade reducida. A duración do contrato será deica o 31.12.2018. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

