Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA NO CONCELLO DE TRASMIRAS

15 Xun 2022

Trátase dun contrato deica a fin do 2023

O concello de Trasmiras fai público no BOP do 15 de xuño que por resolución da alcaldía do día 13 de xuño de 2022, aprobáronse as bases de selección para a formación dunha bolsa de emprego de chofer de tractor con rozadoira e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas do concello de Trasmiras. Publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número e denominación dos postos:
1 chofer de tractor con rozadoira e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas do concello de
Trasmiras.
- Requisitos esixidos: os contemplados nas bases desta convocatoria.
- Duración da bolsa de emprego: deica finais de 2023.
- Modalidade de contratación: segundo as necesidades do servizo.
- Sistema de selección: concurso.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal: http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio
no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedraio n.º 174, 32695. Trasmiras) en horario de 9:00 a 14:00
horas, ou por calquera outro medio recoñecido en dereito.

Volver