Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA EN VILAMARÍN

10 Mai 2016

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Vilamarín aprobou as as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 chofer de tractor-rozadora, en réxime laboral temporal, a xornada completa. Trátase dunha praza para o posto de Chófer de tractor-rozadora. A modalidade de contratación será un contrato por obra ou servizo,de duración determinada, a tempo completo. Para o sistema de selección aplicarán concurso, sendo a duración do contrato de 5 meses.
Para a presentación de solicitudes haberá un prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (10/05/2016), no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101 Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver