OFERTA DUNHA PRAZA DE AXENTE TIC NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS
É un contrato temporal
O concello de Castro Caldelas fixo público no BOP do 13 de outubro a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para o posto de traballo de axente TIC para a aula CeMIT do Concello de Castro Caldelas. O concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de cinco (5) días hábiles computados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (13/10/17). @s interesad@s poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 h a 14.00 h e na páxina web do concello: www.castrocaldelas.es/index.php/gl/

