Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

24 Mai 2017

O contrato ten unha duración de 4 meses

O concello de Montederramo fai público no BOP do 24 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía, de data 12 de maio de 2017 para unha praza de auxiliar de axuda a domicilio. A modalidade de contratación é laboral temporal, para substitución de traballador@s. A duración do contrato será de 4 meses. O sistema de selección é por concurso de méritos. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (24/05/17), no rexistro do concello de Montederramo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.montederramo.es.

Volver