Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@ NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

01 Feb 2019

Trátase dun contrato laboral a tempo completo de 4 meses de duración

O Concello de Montederramo fai público no BOP do 1 de febreiro a apertura dun período de cinco días naturais para a presentación de solicitudes para cubrir, mediante concurso de méritos, unha praza de “Información e atención ao cidadán”, coa categoría de auxiliar-administrativo e mediante contrato laboral temporal por 4 meses, a xornada completa. As bases da oferta de emprego están a disposición dos interesadas/os, nas oficinas municipais, de luns a venres, e de 9.00 a 14.00 horas, no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello.

Volver