Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

25 Abr 2022

É un contrato de cinco meses de duración

O concello de Montederramo fai pública no BOP do 23 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases elaboradas o día 20 de abril de 2022 e aprobadas por Resolución da Alcaldía núm. 95/2022, coa mesma data.
1. Número e denominación da praza: un/unha administrativo/a-informador/a turístico.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa, con horario flexible, incluídos fins de semana e festivos.
3. Duración do contrato: cinco meses, con data prevista de inicio o 1º de xuño de 2022.
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Prazo: dez días hábiles dende a publicación deste anuncio no BOP de Ourense
Exposición das bases: o texto completo atópase a disposición do público no concello (taboleiro de edictos), na páxina web (www.montederramo.es) e na sede electrónica municipal http://montederramo.sedelectronica.gal . Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica [http://montederramo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios.

Volver