Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA CONTRATACIÓN TEMPORAL NO CONCELLO DA PEROXA

12 Mar 2021

Desempeñará no xulgado de paz

O concello da Peroxa fai pública no BOP do 12 de marzo as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun/dunha traballador/a para o desempeño do xulgado de paz do Concello da Peroxa
Base primeira.-
1.- De conformidade co convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza e o Concello da Peroxa, con data 2 de xaneiro de 2021, é obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal a xornada de 5 horas para obra ou servizo determinado no convenio, e sempre que non se produza a condición extintiva recollida na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008 polo que se regulan as agrupacións de secretarías de xulgados de paz, polo sistema de concurso de valoración de méritos, do/a traballador/a que a continuación se indica, con expresión da obra/servizo:

Traballadores/as.; Obra/servizo.

Un/unha (1.-) ; Desenvolvemento das funcións propias dasecretaría do xulgado de paz, nos termos da disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións de secretarías de xulgados de paz (DOG do 12 de agosto de 2008). O procedemento de contratación será o concurso.

A duración do contrato: ata o 30 de novembro de 2021.

Base segunda.-
Os requisitos dos aspirantes serán os seguintes:
a) Nacionalidade: ter a nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro, poderán acceder os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe- sempre que non estean separados de dereito- menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, poderán acceder a ela os estranxeiros que se atopen residindo en
España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
d) Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
e) Acreditar un tempo de desempeño nunha secretaría de xulgado de paz, en localidades de menos de sete mil habitantes, superior aos cinco anos sen relación laboral coas administracións públicas.

Base terceira.-
As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais dende a publicación destas bases no BOP de Ourense.

Base cuarta.-
Publicarase no taboleiro de edictos e na sede electrónica do concello (https://aperoxa.sedelectronica.es) a relación de
solicitudes presentadas, concedéndose un prazo de dous días para corrixir erros, incluíndo ademais a designación dos membros do tribunal de selección. Unha vez resoltas as ditas reclamacións, comunicarase, mediante anuncio no taboleiro e comunicación telefónica ou mediante correo electrónico aos afectados, a súa elección e a data de realización da valoración dos méritos achegados.

Base quinta.-
Constituirase un tribunal específico de selección que será designado por Resolución da Alcaldía, e a súa composición será
a determinada polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do
Estatuto básico do empregado público, tendo en conta o previsto na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes así como na lexislación concordante e complementaria na materia.

Base sexta.-
Fase de valoración de méritos.
Os méritos para valorar polo tribunal serán os seguintes:
1.- Ter sido designado para o desempeño da secretaría do Xulgado de Paz dalgún concello, sempre e cando o veña realizando sen relación laboral coas administracións públicas e acredite un tempo de desempeño superior aos cinco anos.
Os criterios de valoración dos méritos:
• Por desempeño da Secretaría do Xulgado de Paz do concello da Peroxa, sempre e cando o veña realizando sen relación laboral coas administracións públicas e acredite un tempo de desempeño superior aos cinco anos e que non exceda de seis: 5 puntos.
• Por desempeño da secretaría do Xulgado de Paz noutro concello distinto do concello da Peroxa, sempre e cando o veña
realizando sen relación laboral coas administracións públicas e acredite un tempo de desempeño superior aos cinco anos e que non exceda de seis: 4 puntos.
• Por cada ano que exceda de seis no desempeño da secretaría do Xulgado de Paz do concello da Peroxa: 1 punto.
• Por cada ano que exceda de seis no desempeño da secretaría do Xulgado de Paz noutro concello distinto do concello da
Peroxa : 0,75 puntos.
2.- Os méritos que aleguen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes, que se presentarán cotexadas fidedignamente, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estivesen suficientemente acreditados.
3.- Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias.

Base sétima.-
Entrevista na que se valorará a idoneidade do/a candidato/a para o posto de traballo, realizándose preguntas acordes ao posto que se opta, valoración de 0 a 2 puntos.

Base oitava.-
1. Unha vez terminada a fase de valoración de méritos e a fase da entrevista, o tribunal fará a proposta e a elevará ao
alcalde para que formule o nomeamento pertinente.
2. Os aspirantes propostos presentarán, dentro do prazo de tres días naturais desde que se fai pública a proposta, os documentos acreditativos das condicións que para participar neste proceso selectivo se esixen na base requirida:

a) Certificado acreditativo ou declaración xurada de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal
exercicio da función para desempeñar.
b) Declaración xurada ou promesa de non ser separado mediante procedemento disciplinario de ningunha administración
pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Base novena.-
1. Logo de concluír o proceso selectivo e achegados os documentos a que se refire a base anterior, o alcalde, de acordo coa proposta formulada polo tribunal, procederá a formalizar a relación laboral correspondente.
2. O contrato que se lle realizará á persoa seleccionada é o de obra ou servizo determinado. Redactarase ao abeiro do RD 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada.

Base décima.-
No non previsto expresamente nestas bases, estarase ao disposto en:
— A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
— O Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
— A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.
— O Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
— A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
— A Lei orgánica 3/2007, deo 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
— Os artigos 21.1.g), 91, e 103 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local.
— O artigo 177 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
— O Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto
364/1995, do 10 de marzo (de carácter supletorio conforme ao artigo 1.3).
— O Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
— Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
— Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
E demais normativa concordante e complementaria na materia.
Así mesmo, expóñense as bases por un período de cinco días naturais co obxecto de reclamacións

Volver