Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTOS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DA MEZQUITA

02 Xun 2021

Trátase dun contrato laboral a tempo parcial

A alcaldía do concello da Mezquita fai público no BOP do 2 de xuño o anuncio informando que, mediante resolución do día 27 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a un/unha auxiliar de axuda no fogar.

Clase de persoal: laboral temporal

Prazas: 1 auxiliar axuda no fogar

Modalidade: contrato laboral temporal a tempo parcial de duración segundo as necesidades do servizo

Sistema de selección: concurso de méritos

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello da Mezquita: http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver