OFERTA DUN POSTO TEMPORAL NO CONCELLO DE VILAMARÍN
Ofertan un contrato temporal de albanel oficial de 2ª
O concello de Vilamarín fai público no BOP do 2 de marzo o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 albanel oficial de 2ª, en réxime laboral temporal.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: albanel oficial de 2ª.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 6 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, n.º 5 (32101ilamarín), en horario de 09.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

