OFERTA DUN POSTO NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA
É para un chófer de tractor rozadoira
O concello de Xunqueira de Ambía, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do luns 16 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Exp. 169/2022).
- Número e denominación dos postos: un/unha condutor/a de máquina rozadoira.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
- Duración do contrato: do 30/05/2022 ao 30/08/2022.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Xunqueira de Ambía (praza de San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

