Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO INTERINO DE ELECTRICISTA NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO

20 Feb 2019

O concello fai públicas as bases do proceso

O concello de Viana do Bolo fai público no BOP do 20 de febreiro as bases xerais da convocatoria para cubrir interinamente unha praza de operaria/o de electricidade

É obxecto das bases a cobertura con carácter interino da vacante da praza de operario electricista do persoal laboral da corporación, en tanto non se cubra definitivamente, cuxas características son:


— Denominación: operario electricista; número de vacantes:1

. Retribucións anuais: 18.235,12 euros. A praza referida está adscrita ao persoal laboral desta corporación e as funcións que ten encomendadas son as seguintes:
• Mantemento e execución de pequenas reparacións nos edificios municipais.
• Reparación básica dos elementos da iluminación pública municipal.
• Control básico da climatización e pequenas reparacións de fontanería nas instalacións.
• Mantemento e control da calefacción e do seu enchido.
• Control básico e mantemento básico das instalacións eléctricas, ata a substitución de enchufes e lámpadas.
• Execución de calquera outra tarefa que lle sexa encomendada, propia da súa profesión e categoría.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver