OFERTA DUN POSTO DE XEFA/E DE BRIGADA DE INCENDIOS NO CONCELLO DE BOBORÁS
É un concurso oposición
O concello de Boborás fai pública no BOP do 30 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefa/e de brigada de incendios.
Mediante resolución da alcaldía, do 24 de xullo de 2019 aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará o concurso oposición para a selección e contratación temporalmente de 1 xefa/e de brigada de incendios. As/Os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 1 día natural contado dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.boboras.gal

