OFERTA DUN POSTO DE TRACTORISTA NO CONCELLO DE CUALEDRO
É un contrato de 3 meses de duración
O concello de Cualedro fai pública no BOP do 14 de maio a convocatoria para a selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un tractorista. A alcaldía, mediante resolución do 11 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha tractorista a tempo completo durante 3 meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro Xeral do concello de Cualedro en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina https://cualedro.sedelectronica.es

