OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE VILAMARIN
É un contrato de 4 meses de duración
O concello de Vilamarín fai público no BOP do 10 de maio que, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de un/ha chofer de tractor rozadoira, en réxime laboral temporal a xornada completa, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso:
1. Número de prazas: 1
2. Denominación: chofer de tractor rozadoira
3. Modalidade de contratación: xornada completa
4. Sistema de selección: concurso
5. Duración do contrato: 4 meses
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na avda. Santiago Apóstolo, núm. 5 (32101 Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado: vilamarin.sedelectronica.es