Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE OÍMBRA

17 Xun 2020

Trátase dun/ha monitor do programa de conciliación da vida laboral e familiar

O concello de Oímbra publica no BOP de hoxe 17 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/ha monitor/a do Programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Oímbra “Oímbra Verán 2020”. A alcaldía, mediante o Decreto do 12 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: un/ha monitor/a do Programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Oímbra “Oímbra Verán 2020”. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello de Oímbra de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello www.oimbra.es

Volver