OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA
Trátase dunha praza para un/ha condutor/a de tractor rozadoira
O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do sábado 1 de xullo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato temporal para o seguinte posto de traballo:
- Un/unha condutor/a de tractor-rozadoira no concello de Chandrexa de Queixa.
O concello de Chandrexa de Queixa, abre o prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de tres (3) días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán consultar as bases de selección na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/e no taboleiro de anuncios da sede electrónica desta entidade local.