Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

31 Ago 2022

É unha praza de tres meses como pión/pioa de Protección Civil

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 31 de agosto a convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión/pioa de Protección Civil, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía do día 29/08/2022:


1. Número e denominación das prazas: un/ha pión/pioa de Protección Civil.
2. Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3. Xornada: completa.
4. Duración do contrato: tres meses.
5. Sistema de selección: concurso de méritos.
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello

Volver