OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN
É para informador turístico
O concello de Calvos de Randín, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do día 03/05/2023, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación dun/dunha informador/a turístico/a, publica no BOP do 6 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: informador/a turístico/a.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
4. Xornada: completa.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: 5 meses.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, Calvos de Randín, (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sendo necesario, neste último caso, notificalo mediante correo electrónico ao enderezo concello.calvosderandin@eidolocal.es.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias . Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.