Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DA VEIGA

26 Mar 2022

Trátase dunha interinidade a tempo parcial

O concello da Veiga fai público no BOP do 26 de marzo que, mediante a resolución da alcaldía do 22 de marzo de 2022, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante concurso de méritos, dun posto de persoal laboral de duración determinada (persoal de limpeza de edificios municipais) por interinidade, a tempo parcial.
1. Postos ofertados: 1 posto de persoal de limpeza de edificios municipais.
2. Duración da contratación: até que se incorpore a persoa titular do posto.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no rexistro municipal (praza do Concello, 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que contarán desde o día da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro municipal, os/as aspirantes deberán remitir un fax ao 988 350 060) ou un correo electrónico a: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada, o mesmo día en que a presenten. As solicitudes recollerán os requisitos que  establecen as bases, que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver