OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO TEMPORAL NO CONCELLO DA VEIGA
Trátase de persoal de axuda no fogar
O concello da Veiga fai pública no BOP do 7 de xuño a convocatoria urxente para o proceso selectivo dun posto de persoal laboral de duración determinada (persoal de axuda no fogar) por interinidade, a tempo completo.
Mediante a resolución da alcaldía, do 5 de xuño de 2023,aprobáronse as Bases que rexerán o proceso selectivo, mediante
concurso de méritos, para a contratación laboral temporal de duración determinada (auxiliar de SAF) durante tres meses
e creación dunha lista de agarda para persoal de SAF.
1. Postos ofertados: 1 posto de persoal para o servizo de axuda no fogar.
2. Duración da contratación: tres meses.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no rexistro electrónico Xeral:
https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no rexistro municipal (praza do Concello, n.º 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días naturais, que contarán desde o día da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no rexistro municipal, os/as aspirantes deberán remitir un fax ao 988 350 060) ou un correo electrónico a: servizo.social.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada, o mesmo día da súa presentación.
5. Creación de lista de agarda para persoal do SAF. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal