Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

08 Xun 2020

É para un/ha técnico/a medio para a realización de programas de Servizos Sociais no ano 2020

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 8 de xuño a convocatoria para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha técnico/a medio para a realización de programas de Servizos Sociais no ano 2020

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante
resolución da alcaldía, con data 3 de xuño de 2020:
Denominación e obxecto do posto:
- Técnico/a medio para a realización de programas de Servizos Sociais no ano 2020, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, sendo a duración máxima do contrato ata o 30/11/2020, condicionando o contrato á subvención que se reciba da Deputación de Ourense ao abeiro do Programa provincial convocado de asistencia técnica, económica e xurídica ós concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2020. Requisitos esixidos (na data na que remate o prazo de presentación de instancias):
Os esixidos no art. 4º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da titulación universitaria de diplomatura ou grao en Educación Social ou en Traballo Social. No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do permiso de conducir clase B en vigor e ter dispoñibilidade de coche.
Duración do contrato e documentación:
- O indicado nas bases de convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante sistema concurso-oposición, dun/dunha técnico/a medio para a realización de programas de Servizos Sociais durante no ano 2020, que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación
deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver