Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAMARÍN

14 Mai 2021

É un contrato de catro meses de duración

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 15 de maio o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso dun/dunha chofer/esa de tractor rozadora en réxime laboral temporal a xornada completa.
1. Número de prazas: unha.
2. Denominación: chofer/esa de tractor rozadora
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 4 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anunciov no BOP, no rexistro xeral do concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apóstolo, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica vilamarin.sedelectronica.es

Volver