Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE RUBIA

21 Xun 2022

É pra pión/pioa de limpeza de instalacións municipais

O concello de Rubiá convoca o seguinte procedemento de  selección de persoal laboral temporal

Denominación do posto: pión/pioa de limpeza de instalacións municipais.

Contrato: laboral temporal, modalidade de substitución a xornada parcial de 5 horas diarias.

Documentación e bases: as esixidas nas bases da convocatoria, que foron aprobadas pola Alcaldía con data 16-06-2022 e poderán ser consultadas no Concello de Rubiá, en horas de oficina.

Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta a estas bases, dirixiranse ao alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello de Rubiá, durante o prazo de 5 días naturais, contados dende o día seguinte da derradeira publicación, no diario La Región e no BOP de Ourense. O horario de presentación de documentación será, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

Volver