OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE RAMIRÁS
Asemade crean bolsa de emprego
O concello de Ramirás fai público no BOP do venres 10 de marzo as bases que rexerán a selección dun traballador chofer de tractor con rozadoira do concello de Ramirás e creación de bolsa de traballo para o ano 2023
Logo de aprobar por resolución da alcaldía, a contratación das prazas que se xuntan a continuación, en réxime laboral temporal, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense.
Bases que rexerán a selección dun traballador/a chofer de tractor con rozadoira do concello de Ramirás e creación de bolsa
de traballo para o ano 2023
Abre o pdf que está debaixo da fotografía para ollar as bases