OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTERREI
Buscan oficial/a de servizos varios (fontaneiro/a)
Publicada polo concello de Monterrei no BOP do 21 de abril a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 oficial/a de servizos varios (fontaneiro/a).
A alcaldía, mediante a resolución do 19 de abril 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente un/unha oficial/a de servizos varios (fontaneiro/a).
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es