OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE MANZANEDA
Ofertan un contrato temporal de chófer de tractor rozadora
O concello de Manzaneda fai público no BOP do 14 de maio, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación temporal por concurso dun posto de chófer tractor rozadora, contrato obra ou servizo a tempo completo e duración segundo subvención concedida. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante pedimento dirixido ao alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas), ou a través de calquera dos medios que prevé a lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas; durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando o teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

