OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN
É unha praza para condutor/a de tractor rozadoira
O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 11 de marzo a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha condutor/a de tractor rozadoira, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 08/03/2022:
1.º Número e denominación das prazas: un/unha condutor/a de tractor rozadoira
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
3.º Duración do contrato: seis meses
4.º Sistema de selección: concurso de méritos
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP. Se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. Presentaranse no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello concello.calvosderandin@eidolocal.es unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

