Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

18 Xan 2023

É para un/ha auxiliar de axuda no fogar

O concello de Calvos de Randín fai público no BOP do 18 de xaneiro, que, unha vez aprobadas, por resolución da alcaldía do 16/01/2023, a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, e as bases que rexerán a contratación de 1 auxiliar de axuda no fogar, publícase o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao concurso.


1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución para facer unha substitución temporal a outro traballador (vacacións e baixas médicas).
4. Xornada: completa.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 3 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos de Randín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, será necesario notificalo mediante un correo electrónico a: concello.calvosderandin@eidolocal.es
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Calvos de Randín e na sede electrónica: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver