OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DE BALTAR
É pra un/ha chófer de máquina rozadora
No BOP do 23 de abril aparece publicada a convocatoria do concello de Baltar para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 15/04/2019:
1.- Número e denominación das prazas: un chofer de máquina rozadora.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (25 horas/semana de luns a venres).
3.- Duración do contrato: catro meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións brutas: 729,17 €/mes (incluídas pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal (https://baltar.sedelectronica.gal).

