OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NO CONCELLO DA BOLA
Traballará na aula CeMIT do concello
O concello da Bola fai pública no BOP do luns 27 de febreiro a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal,
baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, para o seguinte posto de traballo:
- 1 axente TIC para a aula CeMIT do concello da Bola.
O concello da Bola abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 h a 14.00 h.