OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO NA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN
Trátase dun posto de traballador/a social
A mancomunidade de municipios da comarca de Verín fai público no BOP do 13 de xuño o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación segundo as bases aprobadas por decreto da presidencia con data 10 de xuño de 2019.
Número de prazas: 1. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: tres meses. Denominación do posto: traballador/a social da Mancomunidade de Municipios de Verín. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da mancomunidade, na rúa O Castro 4 baixo esq - 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios, na sede electrónica e na páxina web da mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da mancomunidade de concellos da comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

