Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE PIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL

19 Out 2020

Desenvolverá os traballos no concello de Calvos de Randín

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión de Protección Civil, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 15-10-2020:
1º.- Número e denominación das prazas: pión de Protección Civil.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver