OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA
Cubrirá o período de vacacións
O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do 21 de xullo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para a substitución da titular, para cubrir o período das vacacións, para o seguinte posto de traballo:
- Un/unha limpador/a das dependencias municipais no concello de Chandrexa de Queixa.
O concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo para presentar as solicitudes para participar no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os/as interesados/as poderán consultar as bases de selección na web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

