Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE RIBADAVIA

24 Out 2020

Asemade, elaborarán listaxes de contratación

O concello de Ribadavia fai pública no BOP do 24 de outubro a convocatoria e bases para a elaboración de listaxes para a provisión temporal de postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar.

Obxecto: normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listaxes para a provisión temporal de posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar no concello de Ribadavia.
Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local do día 07.10.2020.
Prazo de presentación de solicitudes: 25 días naturais seguintes, contados dende a publicación deste anuncio e poderanse formular perante o rexistro xeral do concello de Ribadavia. As solicitudes presentaranse, de conformidade co disposto nas bases, no rexistro xeral do concello.
Bases da convocatoria: poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante
o prazo de presentación de solicitudes.
Prazas ofertadas: auxiliar de axuda no fogar.

Volver