Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO

29 Set 2022

É un posto de funcionaria/o interino

O concello de Vilar de Barrio fai pública no BOP do 29 de setembro a convocatoria para a contratación que se indica a continuación:

1. Número e denominación da praza: 1 funcionario/a interino/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C1, escala administrativa.

2. Duración do contrato: até a cobertura definitiva do posto vacante.

3. Sistema de selección: concurso-oposición.

4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 10 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

5. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: https://vilardebarrio.sedelectronica.gal

Volver