Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO DE ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN

13 Xan 2022

Trátase dun contrato de seis meses a xornada completa

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 13 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha administrativo/a, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía do 07/01/2022:

1.º Número e denominación das prazas: administrativo/a.
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3.º Duración do contrato: seis meses.
4.º Sistema de selección: concurso de méritos.
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP. Se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. Presentaranse no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, deberá remitir unha copia ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es), o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver