Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLO A MEDIA XORNADA NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

11 Dec 2020

É para un/ha traballador/a social

O concello de Carballeda de Valdorras fai públicas no BOP do 11 de decembro as bases de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, para o ano 2021 dun/a traballador/a social a media xornada para a prestación do servizo social comunitario (básico e específico) na agrupación establecida no seu día para tal finalidade entre os concellos de Rubiá e Carballeda (correspondendo no exercicio 2021 a contratación de/a traballador/a social ao Concello de Carballeda de Valdeorras.)

1ª.- As presentes bases teñen por obxecto a contratación temporal dun/a traballador/a social baixo a modalidade contractual de servizo determinado, a media xornada (4 horas diarias), con duración do contrato desde xaneiro ata o 31 de decembro de 2021, para realizar tarefas  propias da prestación do servizo social comunitario (básico e específico) na agrupación establecida no seu día para tal finalidade entre este Concello e o Concello de Rubiá, nas que se estableceu que a contratación do/a traballador/a social se levará a cabo anual e rotativamente por cada un dos concellos agrupados, cuxo criterio se aplica á contratación dun/a novo/a traballador/ a media xornada concedida pola Xunta de Galicia ao amparo do Plan concertado de servizos sociais para prestación dos servizos comunitarios da agrupación. A retribución  mensual será de 787,50 € brutos, xa incluída a parte proporcional da paga extra; sendo a dita retribución a vixente no ano 2020, que será incrementada na porcentaxe que se estableza para as retribucións do sector público no exercicio de 2021.

2ª.- O procedemento de selección consistirá nunha fase de concurso que se levará a cabo mediante a valoración dos méritos presentados e obxecto de puntuación, que virá  determinada pola suma das puntuacións dos méritos valorados para cada aspirante, e outra de oposición.

a) Fase de concurso:

a.1) Experiencia profesional - Puntuación máxima: 5 puntos

1. Por servizos prestados en concellos no mesmo posto ao que se opta: 0,10 por cada mes completo

2. Por servizos prestados noutras administracións públicas no mesmo posto ao que se opta: 0,05 por cada mes completo

3. Por servizos prestados en empresas privadas no mesmo posto ao que se opta: 0,03 por cada mes completo. A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación do informe de vida laboral actualizado e copia validada dos contratos de traballo. Os servizos prestados na Administración pública poderán ademais acreditarse mediante certificación expedida polo órgano competente. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará

a.2) Formación – Puntuación máxima: 5 puntos

Valorarase a formación nas materias propias do posto, en cursos impartidos por centros oficiais ou centros de formación dependentes das administracións públicas sempre relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira – Máximo: 5 puntos.

1. Cursos de ata 20 horas: 0,10 puntos/curso

2. Cursos de 21 a 50 horas: 0,15 puntos/curso

3. Cursos de 51 a 100 horas: 0,30 puntos/curso

4. Cursos de 101 a 500 horas: 0,25 puntos/curso

5. Cursos de máis de 500 horas: 0,50 puntos/curso

A formación dos/as traballadores/as acreditarase mediante a presentación de copia validada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No caso de que non conste o número de horas de acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso.

b) Fase de oposición:

b.1) Proba de admisión previa de galego.

Para aqueles/as aspirantes que non estean en posesión do certificado de iniciación ou perfeccionamento de galego ou equivalente (Celga 3 ou Celga 4), quedando eliminados os que non sexan declarados aptos.

b.2) Proba práctica – Puntuación máxima: 15 puntos

Será adecuada ao posto ofertado, e consistirá na resolución dunha proba práctica sobre as funcións do posto. Esta proba constará de 30 preguntas tipo test, sobre o temario (7 temas) que se detalla a continuación:

Temario:

1. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de galicia.

3. Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

4. Lei 39/2006, de 14 de setembro, de promoción da autonomía, persoal e atencións ás persoas en situación de dependencia.

5. Decreto 15/2010, de 14 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

6. Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

7. Servizo de axuda a domicilio no ámbito local.

O tempo de realización da proba será de 45 minutos. Cada pregunta constará dunha resposta válida. Cada pregunta será valorada con 0,5 puntos sendo a puntuación máxima que se poderá obter por cada candidato/a de 15 puntos; cada pregunta con resposta errónea será cualificada con -0,15 puntos; cada pregunta sen resposta terá unha valoración de 0 puntos. O test incluirá 3 preguntas de reserva para intercambiar polas 30 seleccionadas por se se tivese que anular algunha pregunta. A valoración será de 0 a 15 puntos, quedando eliminados os que non obteñan 7,5 puntos.

A puntuación total do proceso selectivo será dun máximo de 25 puntos.

En caso de empate terá preferencia o/a candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos no posto de traballo obxecto da convocatoria; é dicir prestación servizo social comunitario básico e específico (anteriormente denominado servizo social de base ou atención primaria), na agrupación establecida no seu día para a prestación dos servizos sociais de base entre este concello e o Concello de Rubiá.

3ª.- As instancias nas que se solicite participar nas probas selectivas, dirixidas á alcaldesa presentaranse no rexistro da Corporación en horas de oficina – de 9.00 a 14.00 horas – durante o prazo de 5 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense; se, ao amparo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se presentase a instancia no rexistro doutra Administración pública ou na oficina de Correos comunicarase a dita presentación a este concello mediante fax (nº: 988 335 379) ou correo electrónico  administracion@concellocarballedavaldeorras.com ) con anterioridade á expiración do prazo de presentación de solicitudes ou instancias; Os/as aspirantes farán constar na súa instancia, á marxe dos seus datos persoais e domicilio para os efectos de notificación, con indicación do nº de teléfono e dirección de correo electrónico, que posúen permiso de conducir – clase B ou superior, que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto do empregado público e no art. 50 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público en Galicia, e que están en posesión do título de diplomado ou grao en Traballo Social, ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de instancias. Xunto coa instancia achegarase a seguinte  documentación:

copia compulsada do DNI ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, teléfono, correo electrónico ou nº de fax para efectuar as comunicacións que procedan, e relación detallada dos méritos que aleguen os interesados para a súa valoración de acordo co baremo previsto na base 2ª.

 Os méritos acreditaranse por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes debidamente compulsadas. Non se valorarán os méritos que non estivesen suficientemente acreditados.

4ª.- A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao da finalización de presentación de instancias ou, no seu caso, ao día seguinte de recibir as solicitudes que se presentaron en rexistro distinto ao desta Corporación. Non serán admitidas as solicitudes que se reciban pasados cinco días naturais desde a finalización do prazo de presentación de instancia. Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias, e, no caso de que se presenten instancias noutros rexistros públicos, pasados cinco días naturais desde a finalización do prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará unha resolución pola que se aprobará a lista de admitidos e fixará a data da realización da/s proba/s práctica/s. A lista provisional de admitidos expoñerase ao público no taboleiro de edictos do Concello de Carballeda de Valdeorras, concedéndose un prazo de 2 días hábiles para os efectos de reclamacións; se as houbese serán resoltas na resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que se fará pública mediante publicación de edicto no taboleiro de anuncios do concello.

5ª.- O órgano de selección será designado por resolución da Presidencia de conformidade co previsto no Estatuto básico do empregado público, facéndose público mediante publicación no taboleiro de edictos deste concello.

6ª.- O/A aspirante seleccionado/a deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 3ª no prazo de 3 días naturais seguintes ao da publicación no taboleiro de anuncios do concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do/a seleccionado/a.

7ª.- O contrato que se realizará á persoa seleccionada será de obra ou servizo determinado con duración ata o 31-12-2021.

Volver