Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

05 Xan 2021

É un contrato a xornada completa deica a fin do 2021

O concello de Castro Caldelas fai pública no BOP do 5 de xaneiro a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para o seguinte posto de traballo:

1.- Número e denominación da praza: 1 traballador/a social (agrupación Castro Caldelas, Parada de Sil e A Teixeira)

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa.

3.- Duración do contrato: ata 31/12/2021.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro do Concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal

Volver