Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUN POSTO DE TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL NO CONCELLO DE BOBORÁS

22 Set 2022

É un contrato dun ano de duración

A alcaldía do concello de Boborás fai público no BOP do 22 de setembro que, mediante a resolución do 16 de setembro de 2022, aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente unha persoa técnica de orientación laboral por un período de doce meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello (boboras.sedelectronica.es) e na páxina web (www.boboras.gal).

Volver