Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUN POSTO DE TÉCNIC@ DE LABORATORIO NO INORDE

13 Out 2020

Traballará no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

A deputación provincial de Ourense fai público no BOP do 13 de outubro a aprobación da convocatoria e bases de selección como persoal laboral interino dun/unha técnico/a especialista de laboratorio de análise do solo (A2) para o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de contratación de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada na sesión plenaria do 29 de maio de 2020 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 30 de xullo de 2020 é obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria como persoal laboral interino, dun/unha técnico/a especialista de laboratorio de análise do solo (A2) para o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). O nomeamento interino será segundo o procedemento ordinario previsto no artigo 4.º da ordenanza.

SE QUERES DESCARREGAR AS BASES DO PROCESO ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA

Volver