OFERTA DUN POSTO DE PIÓN NO CONCELLO DE VILAMARÍN
Trátase dun contrato temporal a xornada completa
O concello de Vilamarín fai público no BOP do 26 de marzo que unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 1 pión forestal en réxime laboral temporal a xornada completa, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: pión forestal
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 7 meses e 15 días.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 6 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do Concello de Vilamarín, situado na Avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedimiento administrativo común das administraciones públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

